A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo o requirimento de remisión do expediente e a práctica dos emprazamentos relativos ao procedemento ordinario 114/2021 formulado por Jesús Míguez Otero fronte á Resolución do recurso de alzada do 22 de marzo de 2021 interposto contra a resolución da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se publica a relación definitiva das embarcacións seleccionadas para o outorgamento da modalidade de anemone ao abeiro do Plan conxunto das confrarías de pescadores de Marín, Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra, Lourizán e Bueu.
En consecuencia, esta xefatura territorial acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal e notificar aos interesados no procedemento para que poidan comparecer, se o consideran oportuno, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, no prazo de nove (9) días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 13 de abril de 2021
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo