Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21059

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1752/2020 M).

Tipo e nº de recurso: -M.

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 870/2016 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Enrique Pereira Rodríguez.

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Blokdegal, S.A., Marcelino Martínez Galicia, S.L., Pedra Pais, S.L., Marcelino Martínez, S.L., Extragra, S.L., Salpérez, S.L., Granitos Martinez, S.A., Cantera Trasalva, S.A, comunidade hereditaria de Vitoriano Álvarez Domínguez, Miguel Rodríguez Romero.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado do Fogasa, Gema García Gómez, Marcos Castro Álvarez, Marcos Castro Álvarez, Rafael de Larriva Pereira, Ana García Gomez, Ana Pérez Fernández.

Graduado/a social: Eliseo Fernández León.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1752/2020 desta sección, seguido por instancia de Enrique Pereira Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e as empresas Granitos Martínez, S.A., Marcelino Martínez Galicia, S.L., Pedra Pais, S.L., Salpérez, S.L., Marcelino Martínez, S.L., Extragra, S.L., en liquidación, Cantera Trasalva, S.A., en liquidación, Miguel Rodríguez Romero, comunidade herditaria de Victoriano Álvarez Domínguez e Blokdgal, S.A, sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade, foi pronunciada Sentenza o 29.3.2021 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Rosa María Tárrago Nesta, en nome e representación de Enrique Pereira Rodríguez, contra a Sentenza do sete de novembro de dous mil dezanove, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en autos seguidos a pedimento da recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Fondo de Garantía Salarial e as empresas Granitos Martínez, S.A., Marcelino Martínez Galicia, S.L., Pedra Pais, S.L., Salpérez, S.L., Marcelino Martínez, S.L., Extragra, S.L., en liquidación, Cantera Trasalva, S.A., en liquidación, Miguel Rodríguez Romero, comunidade herditaria de Victoriano Álvarez Domínguez e Blokdgal, S.A., sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se prepararça mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pedra Pais, S.L. e a Salpérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza