Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (SS 598/2020).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento Seguridade Social 598/2020 deste xulgado do social, sobre Seguridade Social, se ditou a resolución que se sinala, cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

Sentenza do 29 de marzo de 2021 contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo no prazo de cinco días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transporte y Logística de Arcade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza