Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (398/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase de procedemento ordinario seguido baixo o número 398/2019, no cal figura como interveniente Boiro Shoes, S.L.U., en que se sinalou a conciliación e/ou o xuízo para o día 3.5.2021, ás 12.15 e 12.20 horas, respectivamente.

Estando a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que sirva de notificación na forma.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza