O Pleno do Consello de Contas de Galicia, en sesión do día 22 de abril de 2021 e de conformidade co disposto no artigo 5.2.g) do seu Regulamento de réxime interior, acordou que cese por petición propia María Luisa Cardesín Díaz como secretaria xeral do Consello de Contas, agradecéndolle os servizos prestados.
O cesamento terá efectos do día de publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021
José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia