Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente FG número 663.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de marzo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle das parcelas RP-11.1, RP-11.2, RP-11.3 e RP-11.4 do Plan parcial sector SUD-11, Dorneda – Campo de Golf (Documento R.E. nº 2020016622, do 25.11.2020).

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org.

Oleiros, 30 de marzo de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente