Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 235/2018).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 235/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Galipasa, S.L. e coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza

A Coruña, 25 de marzo de 2021

Miguel Ferreiro Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co nº PO 235/2018, en que foron parte, dun lado, como demandante, Mirian Rosa Moreno Vásquez, asistida polo letrado Sr. Garaeta Díaz e, como demandado, Galipasa, S.L., que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, e coa intervención de Fogasa, que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Parte dispositiva

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Miriam Rosa Moreno Vásquez fronte a Galipasa, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.297,74 euros, que se incrementará cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e fronte a ela non cabe recurso.

Remítase o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño en autos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Galipasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza