Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental dunha planta fixa de xestión de residuos de construción e demolición en Bergondo (A Coruña), promovida por Celso Núñez, S.L. (expediente 2019-SC-I-00175).

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Estudo de impacto ambiental do proxecto de planta de almacenamento, valorización e eliminación de residuos industriais non perigosos en Bergondo (A Coruña).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular dentro do prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos poderán consultarse en horario de atención ao público:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Residuos (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña).

– No Concello de Bergondo (estrada A Coruña-Ferrol, 12, 15165 Bergondo, A Coruña).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Residuos.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-SC-I-00175.

Titular: Celso Núñez, S.L.

NIF: B15162399.

Actividade: valorización de residuos non perigosos.