Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 571-A, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 25 de marzo de 2021 se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 571-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 140,64 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (pacto sucesorio de mellora).

Antigas titulares: María Luisa Concepción Crespo García e Sara Durán Crespo.

Nova titular: Sara Durán Crespo (***7975**).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas das anteriores.

Vigo, 25 de marzo de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo