Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 462, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 18 de marzo de 2021 se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 462 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 241 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antiga titular: María Elena Maneiro Muñiz.

Novos titulares: Antonio Fieira Franco (***7705**) e Carolina Brea Vázquez (***6756**).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os novos titulares deberán achegar, no prazo máximo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 22 de marzo de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo