Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 12 de marzo de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se lles notifica a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificación as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar deberanse poñer en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 981 83 43 47.

Para que conste, sirva de notificación as persoas interesadas, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ribeira, 12 de marzo de 2021

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago
de Compostela e Barbanza

ANEXO

Nome do paciente/DNI/NIF/NIE

Martín Sanles Lara

Y01780768F

052939828S

054228584N

Y04732075T

052932072X

Munoz Junior Alex Lee

X08201846T

Y05711702B

X04053459P

054224219V

035669032B

Alassane Samb