Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos no expediente OU–RES-2021-035 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Ourense, 8 de abril de 2021

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado pola

OU-RES-2021-035

Tican Tudor Laus

Acordo

Xefa territorial

OU-RES-2021-036

Raúl Montoya Salazar

Acordo

Xefa territorial

OU-RES-2021-039

Diego Silva Álvarez

Acordo

Xefa territorial