Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20626

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante Resolución desta dirección xeral do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de circunstancias sobrevidas e causas de abstención nalgúns dos seus membros, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Especialidade de Medicina Física e Rehabilitación:

Vogal titular. Balbuena Domínguez, Juan Carlos. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Medicina Física e Rehabilitación, en substitución de López Moya, Antonio. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Medicina Física e Rehabilitación.

Especialidade de Otorrinolaringoloxía:

Vogal titular. Herrero Laso, José Luis. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Otorrinolaringoloxía, en substitución de Torre Eiriz, José Antonio. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Otorrinolaringoloxía.