De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), e co artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:
Instalación: ampliación de explotación avícola de polos de ceba |
Procedemento: modificación substancial e revisión da autorización ambiental integrada, e avaliación de impacto ambiental |
Titular: Avícola Casás, S.C. |
Expediente: 2017-IPPC-M-128 |
Localización: As Covas, parroquia de Goberno, concello de Castro de Rei (Lugo) |
Núm. rexistro AAI: 2007/200_AIA/IPPC_201 |
Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático