Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 8 de abril de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

33131630-S

Trámite de audiencia

Gonzar II

33167603-Q

Trámite de audiencia

Gonzar II