Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 22 de abril de 2021 Páx. 20442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 40/2021).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 40/2021, seguido por instancia de Bernardino Gómez Vázquez contra Pronored, S.L.U., sobre execución de sentenza número 349/2020, do 14 de outubro, ditáronse, o 25.3.2021, auto en que se despacha execución e decreto de insolvencia previa, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial, os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Pronored, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza