Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 7 de abril de 2021 polo que se notifica a resolución de apercibimento previo á execución forzosa derivada do expediente P-UL-82.01/06.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 10 de febreiro de 2021, ditou resolución de apercibimento previo á execución forzosa no expediente P-UL-82.01/06, tramitado pola construción dunha edificación, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e carecendo da preceptiva autorización, no lugar de Riomaior, Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a José Ovidio Prego Salgado, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística