Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 7 de abril de 2021 polo que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/31/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 11 de marzo de 2021, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 27.1.2017, 7.8.2018 e do 12.11.2019, en que se declaran ilegalizables as obras consistentes na execución dunha construción de tipoloxía residencial de planta baixa, planta primeira, planta segunda e aproveitamento baixo cuberta, sen que exista vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, no lugar das Nogais, no termo municipal das Nogais, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Estrella Álvarez Silva e a Silvia Rubio Álvarez, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás interesadas a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra a súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, as interesadas poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística