Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20266

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 13 de abril de 2021 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 15 de febreiro de 2021.

Mediante a Orde do 15 de febreiro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 38, do 25 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 15 de febreiro de 2021 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres (3) días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres (3) días se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel no que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: María Luz Vázquez Ferradás.

Número de rexistro de persoal: ****317802 A1135.

Corpo ou escala: corpo xeral administrativo da Administración do Estado.

Subgrupo: C1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: secretaria do conselleiro.

Código do posto: FCC020000015770001.

Nivel: 20.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.