Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT GON805, CT Nandín II, no concello de Nigrán, do cal é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2019/054-4).

A instalación denominada LMT GON805, CT Nandín II, no concello de Nigrán, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 2 de novembro de 2020 da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 6 de maio de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas leiras e informando de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, á súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 24 de marzo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT GON805, CT Nandín II (Nigrán).

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m² solo

m² subsolo

Concello

1

54035A050002050000HE

LG Lodeiros

Viña

Descoñecido

-

-

10,60

Nigrán

2

54035A050002060000HS

LG Lodeiros

Labor

Descoñecido

-

-

5,60

Nigrán

3

54035A059001600000HU

LG Rúa

Agrario

Descoñecido

CT

12,96

11,26

Nigrán