Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 31 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se requiren as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto LAT de evacuación do parque eólico Ourol (expediente IN408A 2018/18).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 29 48 04, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 31 de marzo de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/18.

Proxecto: LAT de evacuación do parque eólico Ourol.

Acto notificado: requirimento da folla de aprecio.

Persoa Interesada

Descoñecido (*)

Hrdos. Clara Camba Fernández

Josefa Castro Pumares

Manuel Orol Lestegas

Ricardo Pita Veiga

(*) Predios do parcelario nº 22, 27, 29, 73, 78, 82, 83, 102, 115, 116, 174, 177, 242, 243, 245, 254, 255, 303, 304, 305, 310, 311, 313, 314, 321, 327, 328, e 348, todos eles nunha parte. E predios nº 312 e 341 na súa totalidade.