Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación porcina de ceba, ata 2.489 cabezas, na parroquia de Carboentes, no concello de Rodeiro (Pontevedra) (expediente 2021/0072).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de explotación porcina de ceba, ata 2.489 cabezas, na parroquia de Carboentes, promovido por Ganderías Carral, S.L., nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático