O 9 de febreiro de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021038AE-OU, incoado ao titular do CIF Y5498774V, con enderezo na rúa García Ferreiro, 4, 4º D, 32005 Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do CIF Y5498774V, con enderezo na rúa García Ferreiro, 4, 4º D, 32005 Ourense, o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.
Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 7 de abril de 2021
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2021038AE-OU.
DNI/NIF/CIF: Y5498774V.
Último enderezo coñecido: rúa García Ferreiro, 4, 4º D, 32005 Ourense.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense (DOG núm. 203-bis, do 7 de outubro).
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: trescentos euros (300 €).