No Boletín Oficial da provincia nº 63, do 6 de abril de 2021, con corrección de erros no BOP nº 67, do 12 de abril de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018:
– Unha praza de técnico/a superior en Administración especial, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de concurso oposición libre.
– Unha praza de técnico/a medio/a en organización, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.
– Unha praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso oposición libre.
– Unha praza de técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso oposición libre.
– Unha praza de informático/a programador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso oposición libre.
– Unha praza de auxiliar técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
– Tres prazas de oficial/a de cociña, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
– Catro prazas de oficial/a de comedor, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
– Tres prazas de oficial/a telefonista, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.
– Unha praza de operario/a agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso oposición libre.
– Dúas prazas de administrativo de administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1 polo sistema de concurso oposición libre.
– Sete postos de traballo de subalterno/a de oficios varios, clasificados no grupo E, polo sistema de concurso oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.
Pontevedra, 13 de abril de 2021
A presidenta da Deputación Carlos López Font Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL |
Carlos Cuadrado Romay Secretario da Deputación Provincial |