Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 16 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G, competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante edicto os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 16 de marzo de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución e data

77544189B

3600711-I/06

Extinción 10.2.2021

36046505P

3600730-I/16

Extinción 11.2.2021

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución e data

35870865L

3600856-X/00

Suspensión 19.2.2021

32227236G

3601070-X/01

Extinción 12.2.2021

35203858N

3600565-X/05

Extinción 17.2.2021

X3662981R

3600289-X/15

Extinción 23.1.2020

39461044J

3600571-X/19

Caducidade 26.11.2020

X2739090C

3600901-X/19

Caducidade 27.11.2020

35430595S

3600789-X/20

Denegación 21.1.2021