De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da ampliación do prazo de execución do seguinte encargo:
– Resolución do 18 de agosto de 2020, da Axencia Galega de Innovación (GAIN) pola que se encarga a Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P.) a realización das obras complementarias ás encargadas pola Resolución do 14 de decembro de 2018, da Axencia Galega de Innovación, respecto das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Lugo.
– Prazo de vixencia inicial: seis meses, a contar desde o día de sinatura da acta de replanteo (ata o 21.3.2021).
– Período polo que se amplía o prazo de execución: 60 días (ata o 21.5.2021).
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación