Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DSP 274/2020 deste xulgado se ditou sentenza, con data do 24.3.2021, contra a cal se poderá interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Dolores Quintela Villar, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza