Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 6 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente 2117/2020, interposto contra a Resolución do 6 de novembro de 2020.

Tentada a notificación a Olga Afonina, no enderezo que se especifican no anexo, da Resolución do conselleiro de Sanidade, do 15 de marzo de 2021, do recurso de alzada interposto pola interesada contra a Resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade na Coruña o día 6 de novembro de 2020, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, núm. 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

A Coruña, 6 de abril de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2117/2020.

Interesada: Olga Afonina.

DNI/NIE/PAS: 531267873.

Último enderezo coñecido: Xares, nº 90, Xares (Santa María), 32365 A Veiga