Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 74, do 3 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), persoal laboral fixo, grupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición (procedemento extraordinario de consolidación do emprego temporal ao abeiro da disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Xove e no portal de transparencia da súa páxina web.

Xove, 6 de abril de 2021

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde