Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 6 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2015/433-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que consideren oportuno.

A Coruña, 6 de abril de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2015/433-1.

Acta inf. nº: I152015000094775.

Empresa: Malga, S.L.

NIF: B15079874.

Concello: Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 25 de marzo de 2021.