Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 30 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de marzo de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

71106689G

71106689G/04-02-2020/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ferrol

35429980K

35429980K/02-01-2020/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Santiago de Compostela

Y7278897D

Y7278897D/06-11-2020/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Ferrol

32713532B

32713532B/06-11-2020/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ferrol

Y0757607R

Y0757607R/09-11-2020/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ferrol

49208966Y

49208966Y/02-02-2021/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Cee

74877162H

74877162H/04-01-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Carballo

79333636N

79333636N/19-01-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Carballo

32807233X

32807233X/27-01-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Carballo