Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19545

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021 pola que se convocan para a elección de destino en prácticas as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

En virtude da Orde do 1.3.2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 4.2.2021 (DOG núm. 30, do 15 de febreiro).

Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do dito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de acordo coa base III da convocatoria, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, para dar cumprimento á base V.5 da convocatoria, son convocadas á elección de destino en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino en prácticas, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos en prácticas ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos en prácticas deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos en prácticas as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

4.1. Acceder ao seu expediente electrónico.

4.2. En primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto» ou «Renuncia».

4.3. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario en prácticas do subgrupo a que accede.

4.4. As persoas aspirantes non poderán optar pola solicitude de excedencia.

4.5. A continuación, a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos en prácticas que se ofertan.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino en prácticas ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino en prácticas os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Finalizado o prazo para a elección de destinos en prácticas, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos en prácticas, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos en prácticas efectuada por esta.

A adxudicación de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG, en que se procederá ao seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, e establecerase, segundo dispón a base V.5 da convocatoria, tanto a data de efectos do seu nomeamento como a data de inicio do período de prácticas.

Sétimo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

***0723**

Figueiras Vázquez, Helena

2

***4136**

Nodar López, Raquel

3

***4732**

Mourelle Arnejo, Juan

4

***3895**

Álvarez Cuiñas, Alejandra

5

***4657**

Fernández Loureiro, David

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr,

Nivel

Formación

1

FC.A29...27001.505

Xefatura de equipo

FC

Delegación Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Lugo

A1, A2

25

 

2

FC.A29...36560.520

Xefatura de equipo

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Vigo

A1, A2

25

 

3

FC.C04...15770.504

Analista de custos de persoal II

FC

S. X. de Custos de Persoal

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

 

4

FC.C04...15770.505

Técnico/a financeiro/a

FC

S. X. de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

 

5

FC.C03...15770.514

Xefatura do Servizo Fiscalización e Contabilidade I

FC

Intervención Delegada da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1, A2

28

Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)