Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de pensos compostos e de tratamento de leite e derivados que se localiza no concello de Ames e da que son titulares Cooperativas Lácteas Unidas, Sociedade Cooperativa Galega (CLUN) e Neo Ames, S.L.U., autorización ambiental integrada 2007/0059_NAA/IPPC_115 (expediente 2020-IPPC-M-62).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que, por espazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a memoria presentada para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de pensos compostos e de tratamento de leite e derivados que se localiza no concello de Ames (A Coruña), da que son titulares Cooperativas Lácteas Unidas, Sociedade Cooperativa Galega (CLUN) e Neo Ames, S.L.U., para que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas.

A documentación estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-62.

Titulares:

Cooperativas Lácteas Unidas, Sociedade Cooperativa Galega (CLUN) (NIF B83667725): planta de lácteos e de pensos.

Neo Ames, S.L.U. (NIF B66445347): planta de coxeración.

Localización da instalación: A Ponte Maceira, s/n, 15864 Agrón, Ames, A Coruña.

Actividade principal: transformación e envasado de leite e derivados e fabricación de pensos compostos.

Epígrafes da Lei de prevención e control integrados da contaminación: 9.1.b.ii), 9.1.c).

Descrición da instalación: a instalación está equipada para realizar o proceso industrial de recepción e tratamento do leite para a produción e comercialización de leite UHT, nata UHT, batidos, iogur bebible, manteiga e bebidas de améndoa; así como para a fabricación de pensos compostos para a alimentación de animais domésticos. Conta cunha planta de coxeración asociada, que lle subministra a totalidade da enerxía térmica necesaria para os procesos.

A maiores, existe no seu interior unha instalación para a subministración de combustibles.

Verteduras: realízanse verteduras de tres tipos diferentes de correntes.

– Augas residuais industriais do proceso, do lavado exterior dos vehículos, das purgas das caldeiras da planta de coxeración e sanitarias: trátanse nunha depuradora propia e posteriormente son vertidas ao regato Pataleira.

– Augas residuais pluviais hidrocarburadas: son depuradas mediante dous separadores de hidrocarburos e vertidas por evacuación superficial.

– Augas pluviais procedentes do resto das instalacións, non alteradas pola actividade: son recollidas mediante unha rede de drenaxe e posteriormente vertidas sen depuración previa ao regato Pataleira, en distintos puntos de vertedura.