Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se acorda a remisión do expediente e emprazamento aos interesados no procedemento ordinario 94/2021 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo contra a resolución pola que se pública a lista definitiva de aspirantes seleccionados e non seleccionados no proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé no ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Cambados.

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo recibiu un decreto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en que se require a remisión do expediente e práctica dos emprazamentos relativos ao procedemento ordinario 94/2021, formulado por Mª del Carmen Chaves Rial fronte á desestimación do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 14 de xullo de 2020 da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se publica a lista definitiva de aspirantes seleccionados e non seleccionados no proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé no ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Cambados.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal. Notifícase para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte, se o consideran oportuno, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de marzo de 2021

A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 29.3.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro