Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19488

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 8 de abril de 2021 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O artigo 12 do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos, establece o Consello Reitor como órgano colexiado de goberno da Axencia.

O artigo 14 do referido decreto regula a composición deste Consello Reitor e dispón o nomeamento pola persoa titular da consellería de adscrición de sete vogais.

O Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, na súa disposición derradeira primeira modifica o número de vogais que forman parte do dito órgano colexiado de goberno, que pasan a ser nove.

En virtude do anterior, cómpre proceder ao seu nomeamento que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 14 do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria as seguintes persoas:

a) En representación da consellería competente en materia de facenda:

– Titular: Jorge Atán Castro, secretario xeral técnico da Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Suplente: Luis Emilio Araújo Rodríguez, subdirector xeral de Estudos.

b) En representación da Consellería do Medio Rural:

– Titular: José Luis Chan Rodríguez, director xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

– Suplente: Jacobo José Aboal Viñas, subdirector xeral de Recursos Forestais.

– Titular: Silvestre José Balseiros Guinarte, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Suplente: Jorge Enrique Mourelo Estella, subdirector xeral de Gandaría.

– Titular: José Manuel Janeiro Caramés, subdirector xeral de Industrias Agroalimentarias.

– Suplente: Elva González Vidal, xefa do Servizo de Control da Calidade Alimentaria.

– Titular: Inés Santé Riveira, directora xeral de Desenvolvemento Rural.

– Suplente: Francisco José Tomico Santos, subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias.

c) En representación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria:

– Titular: Manuel López Luaces, xefe da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria.

– Suplente: Abelardo Nimo Silva, director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

– Titular: Pablo Lúgaro Seco, xefe do Departamento de Investigación e Transferencia.

– Suplente: Enrique Martínez Chamorro, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

– Titular: Ricardo Rivas Barros, xefe da Área de Calidade Alimentaria.

– Suplente: Juan Miguel Concheiro Abal, xefe do Departamento de Protección da Calidade Diferenciada.

– Titular: María José González González, xefa do Departamento de Promoción da Calidade Alimentaria.

– Suplente: Xiana Perales Arroyo, xefa do Departamento de Formación.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural