Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente CO20191 e catorce máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións ditadas as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social nesta xefatura territorial no prazo de trinta días hábiles, contado desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicada por comparecencia, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 15 de marzo de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO20191

32317026W

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

22.1.2021

CO142561

33220862F

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

2.2.2021

CO215693

76335139W

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

22.1.2021

CO230533

76376336Y

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

4.2.2021

CO228951

32301177T

Resolución aceptando a desistencia e declarando concluso o procedemento

29.10.2021

CO230271

33207897Z

Resolución aceptando a desistencia e declarando concluso o procedemento

2.2.2021

CO230302

32646160Y

Resolución de recoñecemento

21.12.2020

CO230454

32444229S

Resolución de recoñecemento

25.1.2021

CO230456

Y1388030V

Resolución de recoñecemento

11.1.2021

CO230461

32421302L

Resolución de recoñecemento

18.1.2021

CO230726

58058135V

Resolución de recoñecemento

18.1.2021

CO230796

32797038G

Resolución de recoñecemento

21.12.2020

CO231414

32948778J

Resolución de recoñecemento

25.1.2021

CO221801

76310039H

Resolución declarando a caducidade e acordo de arquivamento

4.6.2019

CO226192

05341726E

Resolución declarando a caducidade e acordo de arquivamento

18.12.2020