Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de marzo de 2021 polo que se notifica o traslado da resolución do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade 9.9/93-II.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 8 de febreiro de 2021, acordou dar traslado a Carmen González Fernández da Resolución do 14 de marzo de 2000, do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do traslado da resolución a Carmen González Fernández, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística