Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ret. LMTA, LMTS LES805 Estrada-Gradín, 5, no concello da Estrada, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2018/480-4).

A instalación denominada Ret. LMTA, LMTS LES805 Estrada-Gradín, 5, no concello da Estrada, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 22 de abril de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello da Estrada.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lles comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de marzo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

anexo

Ret. LMTA, LMTS LES805 Estrada-Gradín, 5 (A Estrada)

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 chan

m2 subsuelo

Concello

1

36017K503002730000EG

Outeiro

Prado

Descoñecido

1

1,44

22

A Estrada

2

36017K506006440000EA

Veiga da Costa

Labor

Descoñecido

2

1,96

15,05

A Estrada