Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións polas que se revisan varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación avícola de galiñas reprodutoras A Ponte Gulfar

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0076_NAA/IPPC_194

Localización: Gulfar, parroquia de Toubes, concello da Peroxa (Ourense)

Expediente de revisión AAI: 2019-IPPC-M-78

Instalación: explotación porcina Abelar II

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Pigarcre, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0031_NAA/IPPC_218

Localización: Vizoño, concello de Abegondo (A Coruña)

Expediente de revisión AAI: 2019-IPPC-M-121

Instalación: explotación avícola de ceba de pavos

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Avícola O Marco, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2016-IPPC-48-310

Localización: Ligonde, concello de Monterroso (Lugo)

Expediente de revisión AAI: 2019-IPPC-M-111

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático