Pola Resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal nº 2021001071, do 10 de marzo de 2021, aprobouse a modificación da oferta de emprego público do Concello de Oleiros correspondente ao ano 2020, publicada no BOP núm. 205, do 1 de decembro de 2020, e no DOG núm. 6, do 12 de xaneiro de 2021, que queda agora configurada definitivamente polas prazas que se relacionan a seguir:
Persoal funcionario:
Denominación |
Nº |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Clase |
Oficial da policía local*/** |
1 |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
Policía local |
Policía local ** |
3 |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
Policía local |
Auxiliar administrativo/a |
4 |
C2 |
Administración xeral |
Auxiliar |
*O procedemento de selección débese realizar por concurso para mobilidade, de acordo coa porcentaxe mínima establecida na Lei de coordinación de policías locais de Galicia.
Policías locais: aplicación disposición adicional centésimo quincuaxésimo novena da Lei 11/2020, do 31 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 á praza de oficial e dúas de policías por xubilación anticipada dos seus titulares.
Oleiros, 11 de marzo de 2021
O alcalde
P.D. (Decreto da alcaldía número 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal