Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19252

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do parque urbano en Arteixo.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria realizada por medios telemáticos o día 31 de marzo de 2021, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución de parque urbano en Arteixo, asinado por Isidro López Yáñez, arquitecto colexiado número 2261, e por Beatriz Blanco Lois, enxeñeira técnica agrícola colexiada número 1909, que tivo entrada no Rexistro Municipal o 18 de marzo de 2021 baixo o número de rexistro 202199900001868.

Así mesmo, acordouse someter á información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todas as persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio coma á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Referencia catastral

Titular

DNI/CIF

Sup. total (m2)

Superficie expropiada

(m2)

Clasificación urbanística

Situación básica do solo

1

0046907NH4904N0001JG

Concello de Arteixo

***0050**

1.922

1.922

Solo urbano

Rural

2

0046908NH4904N0001EG

Concello de Arteixo

***0050**

2.267

2.267

Solo urbano

Rural

3

0046925NH4904N0001PG

Rosa Vázquez Álvarez (50 %)

Manuel Vázquez Álvarez (50 %)

***3457**

***0710**

1.043

1.043

Solo urbano

Rural

4

0046920NH4904N0001AG

José María Álvarez Vázquez

***1286**

802

802

Solo urbano

Rural

5

0046909NH4904N0001SG

Grupo Inmobiliario Cancela, S.L.

***5793**

569

569

Solo urbano

Rural

6

0046922NH4904N0001YG

Descoñecido

---

1.826

1.826

Solo urbano

Rural

7

0046934NH4904N0000JF

Aurelia Carril García (33,34 %)

Hrdos. de Manuel Carril García (33,33 %)Carmen Carril García (33,33 %)

***9688**

***7424**

***2248**

2.632

2.632

Solo urbano

Rural

8

0046929NH4904N0001MG

Grupo Inmobiliario Cancela, S.L.

***5793**

309

309

Solo urbano

Rural

9

0046921NH4904N0001BG

María Carmen Zas Lafuente (50 %) Francisco Javier Zas Lafuente (50 %)

***4708**

***1009**

805

805

Solo urbano

Rural

10

0046911NH4904N0001EG

Piñeiro Calvete, María Rosa (hdros.)

***0390**

791

791

Solo urbano

Rural

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se poida efectuar, sirva o presente anuncio de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 5 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto 1546/2020, modificado polo Decreto 3056/2020)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio