Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 30 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada Instalacions de inxección de gas renovable na rede de distribución de gas EDAR Bens-A Coruña (expediente IN627A 2021/1-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia, S.A., con CIF núm. A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o proxecto inclúe as instalacións da rede de distribución gasista necesarias para a incorporación de biometano na rede de distribución de gas natural, propiedade de Nedgia, S.A. no concello da Coruña, provincia da Coruña:

– Módulo de inxección de biometano, para elevar a presión, filtrar, regular, comprobar a calidade do biometano e odorizar o gas tratado na planta de upgrading, constituído por unha sala de compresión, sala de regulación e medida e sala de control.

– Canalización aérea, realizada en tubaxe de aceiro inoxidable DN 2” en Mop 16 bar, que parte do módulo de inxección existente nas instalacións da Edar de Bens, no concello da Coruña (A Coruña), e remata no punto de inxección, situado aproximadamente sobre as coordenadas ETRS 89 UTM 29, X: 543.943, Y: 4.801.638.

– Canalización subterránea, realizada en tubaxe de aceiro Gr L245, de 4’’ de diámetro e 3,6 mm de espesor de parede.

– Instalacións auxiliares ao longo da acometida:

– Válvula de seccionamento de 4’’ nas inmediacións do punto de inxección.

O punto de conexión das canalizacións proxectadas é a acometida interior, inscrita a nome da Empresa Municipal de Aguas de A Coruña, S.A., no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia (REIG 15/31448) como parte da instalación receptora de alta presión (IN625A 2011/105) e tramitada a súa incorporación á rede de Nedgia, S.A. no expediente IN627A 2021/1-1.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 30 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña