Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19073

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 29 de marzo de 2021 pola que se nomea vogal do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de febreiro de 2021 (DOG nº 27, do 10 de febreiro) nomeáronse os vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

O cambio da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio polo Decreto 33/2021, do 25 de febreiro, polo que se nomea secretario xeral técnico e do patrimonio a Jorge Atán Castro, puxo de manifesto a necesidade de actualizar os membros do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

En virtude do anterior, unha vez feita a proposta por parte da respectiva persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, e de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 13 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

DISPOÑO:

a) Cesar como vogal do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia a María del Socorro Martín Hierro en representación da Consellería de Facenda e Administración Pública.

b) Nomear como vogal do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia a Jorge Atán Castro, en representación da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación