PO. Procedemento ordinario 165/2020
Procedemento de orixe: sobre ordinario
Demandante: Ángel Eduardo Jiménez Ramírez
Avogada: María Mercedes Martín-Esperanza González
Demandados: Vodafone España, S.A.U., Outsourcing y Estrategia, S.L.
Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 165/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Eduardo Jiménez Ramírez contra a empresa Outsourcing y Estrategia, S.L., se ditou a Sentenza do 18 de febreiro de 2021 contra a cal non cabe ningún recurso, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.
Para que sirva de notificación en legal forma a Outsourcing y Estrategia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 18 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza