Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Montevideo, núm. 9, 2º andar, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidas da súa petición.

Lugo, 24 de marzo de 2021

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data de requirimento

43371

AT563065

10.11.2020

44868

F943313

10.11.2020

45332

G376559

23.11.2020

45333

G376560

23.11.2020

45551

HU9423923

2.12.2020

45746

AQ88980

21.12.2020

46274

090560961

11.1.2021

46321

A01987410

8.1.2021

47260

AW626674

23.2.2021

47541

AV272152

15.3.2021