Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19137

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades e empresas privadas de carácter náutico-deportivo para a mellora dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PE209O).

BDNS: 555456.

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as entidades xestoras dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia da pandemia da COVID-19, se encontren nas seguintes condicións:

1. Que sufriron diminución nos ingresos pola imposibilidade de realizar actividades náuticas recreativas durante o estado de alarma, decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020, e as súas sucesivas prórrogas, pero que se viron obrigadas a manter a vixilancia e custodia das embarcacións atracadas nas súas instalacións.

2. Que na época estival posterior ao levantamento do estado de alarma sufriron unha redución significativa dos tránsitos que tradicionalmente atracaban nas instalacións.

3. Que desenvolven a súa actividade en instalacións localizadas en terreo portuario adscrito á Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Que, por tanto, viron reducidos algún dos seguintes parámetros:

a) A facturación derivada pola actividade declarada arredor da concesión no exercicio de 2020 en máis dun 20 % con respecto á media no mesmo período dos dous (2) exercicios anteriores. Para xustificar a dita redución, empregarase calquera medio admitido en dereito.

b) O número de tránsitos que recalaron na instalación náutica no período de xaneiro a outubro (incluídos) de 2020 en máis dun 30 % con respecto á media dos mesmos meses nos dous anos anteriores.

5. Que pretendan investimentos nas instalacións portuarias concesionadas ao seu cargo, así como naquelas instalacións respecto das cales realicen actividades de explotación e prestación de servizos a usuarios, durante o exercicio 2021, tanto en infraestruturas como en servizos portuarios que redunden directamente na mellora das instalacións ‒funcionalidade ou eficiencia‒ que prestan servizo á náutica recreativa.

Segundo. Obxecto

Esta resolución, con código de procedemento PE209O, ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar a concesión das axudas no exercicio 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas e entidades xestoras dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia da pandemia da COVID-19, se encontren nas seguintes condicións:

1. Que sufriron diminución nos ingresos pola imposibilidade de realizar actividades náuticas recreativas durante o estado de alarma, decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020, e as súas sucesivas prórrogas, pero que se viron obrigadas a manter a vixilancia e custodia das embarcacións atracadas nas súas instalacións.

2. Que na época estival posterior ao levantamento do estado de alarma sufriron unha redución significativa dos tránsitos que tradicionalmente atracaban nas instalacións.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades e empresas privadas de carácter náutico-deportivo para a mellora dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PE209O).

Cuarto. Importe

Destinarase unha contía de 240.000 euros, sen prexuízo de eventuais ulteriores variacións producidas como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada de incorporacións ou xeracións de crédito. A existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria será obxecto de publicación no DOG e non suporá a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

O financiamento das axudas imputarase aos créditos previstos nas aplicacións orzamentarias seguintes:

Con cargo á partida orzamentaria de Portos de Galicia, RC 2021, 00000/470, Transferencias correntes (a empresas privadas), Proxecto 021003, por un importe de 240.000 €, PXCP 6509.

O importe máximo por empresa do sector da náutica deportiva será de 8.000 euros. Os beneficiarios poden ser empresas que se enfronten a dificultades como consecuencia da pandemia do virus.

No suposto de esgotamento de crédito, observarase o disposto a este respecto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Publicarase tamén na páxina web de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia