Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19017

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 815/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 815/2019, seguido por instancia de Manuel José Vázquez Sánchez contra Fogasa, Invertaresa, S.L., Isowat Made, S.L., Argo Asociados, Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., Taresa Norte, S.L.U., en liquidación, e Industrias Mecánicas de Extremadura, S.A., sobre reclamación de cantidade, foi ditada a Sentenza 128/2021, do 16 de marzo, estimando parcialmente a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Invertaresa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza