Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 18982

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de supervisión da Área Funcional de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG nº 13, do 21 de xaneiro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de Supervisión de Área Funcional de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o posto de Supervisión de Área Funcional de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra á aspirante seleccionada relacionada no anexo.

Segundo. A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular e será declarada nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 29 de marzo de 2021

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de praza

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación

Centro/Servizo/Unidade

Morigosa Galiano, Mª Concepción

***9452**

S-A2-02

Supervisión de Área Funcional de Recursos Humanos

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés)

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.