Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de notificación do requirimento de cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas a titulares descoñecidos e a aqueles a quen non foi posible notificar por outras causas non imputables a esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), en relación co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido a que os titulares dos inmobles que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación ou ben non puideron ser notificados por causas non imputables ao Concello de Ordes, notifícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se citan, imposta pola LPDCIF na letra e) do artigo 7 e no artigo 22.1, no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados nas oficinas municipais do Concello de Ordes, situadas na rúa Alfonso Senra, nº 108, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Expediente

Identificación do predio

Titular/es

Condición do titular

2021/G003/000044

2021/X999/000026

15060A039005270000BG

Celia Noya Castro

Titular catastral

2021/G003/000051

2021/X999/000030

15060A039003280000BH

Herd. Jesusa Regos Barreiro

Titular catastral

2021/G003/000043

2021/X999/000025

15060A036002980000BJ

Herd. Manuel Presedo Martín

Titular catastral

2021/G003/000049

2021/X999/000029

15060A039005210000BU

José Viqueira Conde

Titular catastral

2021/G003/000049

2021/X999/000029

15060A039005130000BI

José Viqueira Conde

Titular catastral

2021/G003/000049

2021/X999/000029

15060A039003270000BU

José Viqueira Conde

Titular catastral

2021/G003/000052

2021/X999/000031

15060A039003310000BH

Carmen Viqueira Castiñeiras

Titular catastral

Ordes, 10 de marzo de 2021

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde