Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 522/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 522/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Argimiro Porto Pardo contra Centro de Recuperación de Sabores da Ribeira Sacra, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolvo:

Estimar a demanda formulada por Argimiro Porto Pardo e condenar a Centro de Recuperación de Sabores da Ribeira Sacra, S.L. ao pagamento á demandante da cantidade de 1.124,45 euros brutos, que se incrementará cos xuros do 10 %.

Impoñerlle as custas deste procedemento, incluídos honorarios de profesionais ata 600 euros, á parte demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que é firme e non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

Para que sirva de notificación en legal forma a Centro de Recuperación de Sabores da Ribeira Sacra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza